e-vocación

Bases da promoción «Todo un ano de bos propósitos»

  1. Desde o 1 de xaneiro de 2019 ata o 31 de decembro de 2019, e-vocación Santillana pon en marcha a promoción «Todo un ano de bos propósitos», organizada por Santillana Educación, S. L., con domicilio en Avda. de los Artesanos, 6 (28760), Tres Cantos, Madrid, e con NIF B-28095420 (en adiante Santillana), titular da plataforma online www.e-vocacion.es (en adiante e-vocación).
  2. Poderá participar na promoción calquera docente usuario dos libros de texto de Santillana que estea rexistrado en e-vocación antes da data de peche desta promoción, establecida na base 3 a) seguinte. Quedan excluídos da promoción os empregados e colaboradores de Santillana, así como os seus familiares. A participación no concurso será gratuíta.
  3. Concurso de propósitos:
    1. Para participar na Promoción, o usuario deberá dar a súa opinión nalgunha das preguntas que se realizarán, a través do web http://buenospropositos.e-vocacion.es, con cada propósito, antes do 25 de novembro de 2019. Haberá un total de dez propósitos diferentes que se irán desvelando durante toda a promoción cun mes de diferenza entre eles, exceptuando os meses de xullo e decembro.  A resposta ás preguntas formuladas en relación con cada propósito deberá contestarse a través da ligazón creado para iso no sitio web http://buenospropositos.e-vocacion.es.
    2. As respostas proporcionadas polos participantes aparecerán publicadas no web http://buenospropositos.e-vocacion.es xunto co nome e apelidos de cada participante.
    3. A promoción estará vixente desde o 1 de xaneiro de 2019 ata o 24 de novembro de 2019. O sorteo para determinar os gañadores realizarase dentro dos 7 días posteriores á finalización da promoción, o 25 de novembro de 2019.
    4. En total sortearanse 100 experiencias para dúas persoas, 10 por cada propósito. Os gañadores elixiranse entre todos os comentarios recibidos. Cada usuario só poderá participar cun comentario por propósito. A xestión da Promoción desas experiencias será realizada por SENSACIONES Y EXPERIENCIAS TPH SOCIEDAD LIMITADA, de CIF B-55560718, con domicilio social en 43715 Valldossera (Querol, Tarragona), denominada “TPH Marketing” ou “TPH”.
    5. Santillana realizará, dentro do prazo establecido no apartado c) anterior, un sorteo ante notario entre todas as respostas recibidas. No sorteo seleccionaranse 10 gañadores por cada propósito. Ademais, seleccionarase un suplente por cada un dos gañadores seleccionados no sorteo. No caso de que en quince (15) días non se conseguise contactar con algún dos gañadores do sorteo, o premio pasará ao primeiro suplente seleccionado, e en caso de que sucedese o mesmo con ese suplente, iría pasando ao seguinte suplente ata esgotar todos os suplentes seleccionados, e nese caso o premio quedaría deserto.
    6. Santillana publicará en http://buenospropositos.e-vocacion.es o nome dos gañadores de cada sorteo e comunicaralles persoalmente a obtención do premio no enderezo de correo electrónico facilitado ao inscribirse en e-vocación. O envío e a entrega dos premios obtidos realizaranse mediante código regalo a través de correo electrónico.
  4. Todos os concursantes autorizan os organizadores para utilizar tanto o seu nome como a súa imaxe en calquera acción promocional que puidese realizar Santillana; en particular poderase utilizar o seu nome e apelidos xunto coa publicación que se faga na plataforma das súas contestacións, segundo se establece na base 3 b) anterior, así como, no seu caso, na comunicación e publicación que se faga dos premios e dos gañadores.
  5. Os datos persoais facilitados para participar no concurso serán incorporados a un ficheiro que é responsabilidade de Santillana Educación, S. L. (en adiante, Santillana), con domicilio social en Avenida de los artesanos, 6 (28760), Tres Cantos, Madrid (España), coa única finalidade de usalos para xestionar este concurso e para realizar comunicacións relacionadas con el.
  6. Os datos serán depositados nos servidores europeos de Amazon Web Services, Inc., empresa situada en Estados Unidos, país cuxa lexislación non garante un nivel adecuado de protección de datos a criterio das autoridades europeas de protección de datos. Non obstante, Amazon Web Services si achega garantías adecuadas de protección de datos mediante a súa adhesión aos principios do denominado Escudo de Privacidade, e tamén mediante autorización TI/00429/2016 da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), para transferir datos persoais a Estados Unidos.
  7. Os datos serán tratados coas finalidades indicadas durante a duración do concurso e 3 meses adicionais para a xestión de posibles incidencias ou ata que solicite a supresión dos seus datos ou, no seu caso, ata que se retire o consentimento prestado.
  8. En todo momento poderá retirar o consentimento prestado, así como exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade mediante correo postal dirixido a Santillana Educación, S.L., con domicilio social en Avenida de los Artesanos, 6  (28760), Tres Cantos, Madrid (España), indicando unha referencia á súa participación no concurso “PROMOCIÓN: TODO UN ANO DE BOS PROPÓSITOS” achegando copia do seu DNI ou documento equivalente e identificándose cos mesmos datos facilitados para a súa participación no concurso. Así mesmo, en caso de considerar vulnerado o seu dereito á protección de datos persoais, poderá interpoñer unha reclamación ante a AEPD (www.aepd.es) ou ante o delegado de protección de datos do Grupo PRISA a que pertence Santillana (dpo@prisa.com).
  9. Polo feito de rexistrarse a través de e-vocación para participar neste concurso, os concursantes aceptan estas bases e o criterio de Santillana para a resolución de calquera controversia que poida xurdir en relación co desenvolvemento desta promoción e sorteos implicados. Así mesmo, os concursantes aceptan as posibles modificacións que Santillana poida introducir nestas bases, as cales serán previamente publicadas en http://buenospropositos.e-vocacion.es e protocolizadas e depositadas ante notario segundo se establece na seguinte base. Para calquera diferenza que precisase ser dirimida por vía xudicial, as partes, renunciando ao seu propio foro, sométense expresamente aos xulgados e tribunais de Madrid capital (España).
  10. As bases desta promoción encóntranse depositadas na Notaría Madridejos-Tena (r/ Francisco de Rojas, 10, Madrid) e pode accederse a elas tanto a través do arquivo ÁBACO do sitio www.notariado.org como por medio de http://buenospropositos.e-vocacion.es.